xuño 28, 2020

O meu heroe es ti. Como poden os nenos loitar contra a COVID-19!

Grazas á colaboración de máis de 50 organizacións do sector humanitario, entre elas a Organización Mundial da Saúde, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, a Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella e Save the Children, publicouse un conto para axudar aos nenos para comprender a pandemia de  COVID 19 e aprender a desenvolverse nesta situación.

Con axuda dunha criatura fantástica, Ario, O meu heroe es ti: Como poden os nenos loitar contra a COVID-19! explica como poden os nenos protexerse a si mesmos, ás súas familias e aos seus amigos do coronavirus e xestionar emocións difíciles cando se enfrontan a esta nova realidade en rápida evolución.

Children’s story book released to help children and young people cope with COVID-19

A new story book that aims to help children understand and come to terms with COVID-19 has been produced by a collaboration of more than 50 organizations working in the humanitarian sector, including the World Health Organization, the United Nations Children’s Fund, the United Nations High Commissioner for Refugees, the International Federation of Red Cross and Red Crescent Societies and Save the Children.

With the help of a fantasy creature, Ario, “My Hero is You, How kids can fight COVID-19!” explains how children can protect themselves, their families and friends from coronavirus and how to manage difficult emotions when confronted with a new and rapidly changing reality.


Little Red Riding Hood

One day Little Red Riding Hood goes to visit her granny. Who will she meet in the wood? Watch and find out!


Adiviñas

Divírtete con este xogo de adiviñas

O aforcado de San Xoán

Adiviña a palabra agochada.
Sorte!

O traxe novo do emperador

O traxe novo do emperador é un conto clásico moi popular, escrito polo escritor danés Hans Christian Andersen e publicado en 1837.
Esperamos que che guste.

Taller de lectura

A quen no lle gusta que lle lean un conto?
Prepárate para gozar la lectura.

Pipo Club

Aprende mentres xogas con Pipo

Érase unha vez

Divertidos contos escritos ao revés.

Somos os monstros

A partir de 9 anos

Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar ao bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un monstro pequeno viven nese bosque. Nenos e monstros van atopar. O medo dá paso á curiosidade e comezan a interrogarse. Quen son os nenos e quen os monstros?
Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido coa que a autora Paula Carballeira obtivo o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018.

A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro

A partir de 6 anos

Es capaz de mover cousas coa mente? A que sabe a cor azul? Pareceríanos normal escoitar estas preguntas nunha conversación entre Harry Potter e os seus colegas. Pero Juan Casto Rivadulla Fernández nunca estivo en Hogwarts. É un neurocientífico galego que responde a estas cuestións tan disparatadas mentres nos explica, dun modo divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro.
Queres coñecer as súas respostas?

xuño 27, 2020

O País da Gran Furado

De 0 a 6 anos

MAXI-miliano é un tirano que mantén ao seu país con man dura, prohibindo a poesía, a alegría e a felicidade das mulleres. No norte do país rebélase Toribia, unha muller de armas tomar, poeta, revolucionaria e líder dun grupo de rock & roll.

Gañadora do II Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.

Elmer

Na selva non hai outro como Elmar: as súas cores vivas fano distinto dos demais. Coas súas divertidas historias, ideais para ler en familia, aprenderemos que todos nós somos tan especiais como el.

Unha de piratas

Os Piratas son aventureiros, ousados, intrépidos, valentes... Se abres este Manual descubrirás se estás preparado para ser un gran Pirata.

Libros galegos na Lista de Honra 2019 da OEPLI

A OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) xunto coas súas seccións territoriais: Consejo General de libro (castelán), ClijCat (catalán), Galtzagorri (euskera) e Gálix (galego), e en colaboración co Ministerio de Cultura y Deporte, elaboran todos os anos un catálogo de literatura infantil e xuvenil que contén unha  selección bibliográfica de 200 títulos infantís e xuvenís publicados nese período, obedecendo a criterios de calidade e idoneidade para os tramos de idade en que a miúdo se clasifican as coleccións e que os fai merecedores de formar parte desa lista de honra por consideralos significativos dentro da gran produción existente.

Forman parte desta selección de 2019 os seguintes títulos en galego: 

0-6 anos

O país do gran furado. Xerardo Quintiá . Baía Edicións

O veleiro verde. María Fumaça. Editorial Galaxia

Ola! Son un bicho bóla! Elvira Ribeiro. Apiario

Ratos de viaxe. Oli. Kalandraka 

 

A partir de 6 anos

A que cheiran as cores?A esperada guía para coñecer o cerebro. Juan Casto Rivadulla. Editorial Galaxia

Os nosos bosques. Diego García et alii. Miudiño S. Coop. Galega


A partir de 9 anos

A pequena compaña. Carlos Labraña. Edicións Embora

Bicos e non balas. Antonio García Teijeiro. Editorial Galaxia

Lúa en ningures. Beatriz Maceda Abeleira. Xerais

Noé e gato fan teatro. Gloria Sánchez. Oqueleo

Pioneiras 2.Galegas que abriron camiño. Anaír Rodríguez. Xerais

Somos os monstros. Paula Carballeira. Xerais

Gañadores premios Andersen 2020

BBY, a Organización Internacional para o Libro Xuvenil, anunciou aos gañadores do Premio  Hans  Christian Andersen 2020, o premio máis importante de literatura infantil que se concede a un autor e a un ilustrador por toda a súa obra.
Os gañadores do premio  Hans  Christian Andersen 2020 son  Jacqueline Woodson dos Estados Unidos como autor e Albertine de Suíza como ilustrador.

Como organizar a biblioteca infantil


Crear e organizar unha biblioteca persoal para os máis pequenos fará que aprecien máis os libros e estimulará positivamente o hábito da lectura. Seralles máis apetecible sentar cun libro entre as mans e gozar del se teñen un sitio especial para iso.

Onde situar a biblioteca?

É recomendable que a coloquemos nun lugar que o neno senta como propio, e ese sitio adoita coincidir co seu dormitorio. No medio dun ambiente acolledor e estimulante, a biblioteca ha de ser facilmente accesible para el e cos libros á vista para que resulte sinxelo localizar aquilo que busque. 

 

Como organizar a biblioteca?

Para que atope facilmente o libro que lle apetece ler nese momento podemos colocar os libros por formatos, temas (contos, adiviñas, aventuras, misterio, etc.), xéneros (contos, adiviñas, aventuras, misterio, etc.), autores, por editoriais, alfabético, por personaxes...

Esta organización ten que ser acordada co lector, e debemos implicarlle na disposición da súa biblioteca tendo en conta os seus gustos. Tamén podemos decorar os andeis onde repousan os libros, confeccionar separadores para agrupalos ou tarxetas de identificación do tipo «Este libro pertence a...». 

Os libros de préstamo teñen que ter un apartado propio na súa biblioteca persoal.

 

Fonte: Literatura SM

Ler en familia

Neste vídeo relátanse múltiples posibilidades que serven de orientación para consolidar hábitos positivos, como a lectura, nos preadolescentes. Para iso, os pais poden utilizar unha adecuada selección de temáticas como a fantasía ou a aventura e múltiples formatos alternativos como os cómics, as series de televisión ou Internet.


xuño 26, 2020

Os Bolechas

Os nosos amigos os Bolechas amósannos os distintos xeitos de falarmos o galego.

Ler en familia

Neste vídeo ofrécense unhas pautas básicas para fomentar o hábito da lectura en nenos e nenas entre os catro e os sete anos, para quen os pais son os mellores referentes para converter a lectura nunha actividade cotiá da convivencia familiar.

Kalandraka

Dedicamos este libro a todos os avós e avoas que tanto nos queren e nos coidan.

Ler en familia

No coche, na casa, no parque: hai moitos momentos para xogar cos teus fillos e fomentar a aprendizaxe de novas palabras e a comprensión de textos. Convidámosvos a descubrir como gozar da lectura en familia.

No seguinte vídeo ofrécense unhas pautas básicas para fomentar o hábito da lectura nos nenos menores de 3 anos co obxectivo de favorecer o seu desenvolvemento integral e de que incorpore a lectura dentro das súas rutinas.

Contaxio - Un conto didáctico e emocional en tempos da COVID-19

‘Contaxio’ é unha;viaxe polo dicionario, para descubrir como se sente esta palabra e coñecer a súa relación con outras palabras como “medo”, “inxustiza” ou “pobreza”, pero tamén as oportunidades que lle brindan outras como “ vacina”, “medicina” ou “investigación”. 

Promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga de UNICEF Comité Galicia, ‘Contaxio’ é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.