xuño 27, 2020

Como organizar a biblioteca infantil


Crear e organizar unha biblioteca persoal para os máis pequenos fará que aprecien máis os libros e estimulará positivamente o hábito da lectura. Seralles máis apetecible sentar cun libro entre as mans e gozar del se teñen un sitio especial para iso.

Onde situar a biblioteca?

É recomendable que a coloquemos nun lugar que o neno senta como propio, e ese sitio adoita coincidir co seu dormitorio. No medio dun ambiente acolledor e estimulante, a biblioteca ha de ser facilmente accesible para el e cos libros á vista para que resulte sinxelo localizar aquilo que busque. 

 

Como organizar a biblioteca?

Para que atope facilmente o libro que lle apetece ler nese momento podemos colocar os libros por formatos, temas (contos, adiviñas, aventuras, misterio, etc.), xéneros (contos, adiviñas, aventuras, misterio, etc.), autores, por editoriais, alfabético, por personaxes...

Esta organización ten que ser acordada co lector, e debemos implicarlle na disposición da súa biblioteca tendo en conta os seus gustos. Tamén podemos decorar os andeis onde repousan os libros, confeccionar separadores para agrupalos ou tarxetas de identificación do tipo «Este libro pertence a...». 

Os libros de préstamo teñen que ter un apartado propio na súa biblioteca persoal.

 

Fonte: Literatura SM