novembro 25, 2021

O Camiño de Santiago

A familia dos Balbino, Lúa, Mal e os seus pais Lena e Lino, están percorrendo as diferentes rutas do Camiño a Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia.

A primeira andaina que fixeron foi o Camiño Francés dende O Cebreiro ata Santiago. Nete percorrido puideron coñecer e descubrir ingrexas, capelas, mosteiros, festas, paisaxes...


Tras a fermosa experiencia do Camiño Francés decidiron facer a Ruta da Prata, na variante do Camiño Sanabrés. Nela ollaron elementos fermosos do noso patrimonio e escoitaron historias e lendas do noso patrimonio inmaterial.

Percorrendo o Camiño Inglés gozaron de historias incribles, lugares fermosos e unha chea de aventuras.


O Camiño Portugués foi a última das súas aventuras que estivo marcada pola historia, os monumentos e vilas.

 

Un pouco de ciencia

Toupiciencia. A xanela do maxín.

Toupiña e outros monicreques descubren o mundo da ciencia a través de curiosidades. Nesta ocasión achégase ao mundo da xenética.