xuño 28, 2020

O meu heroe es ti. Como poden os nenos loitar contra a COVID-19!

Grazas á colaboración de máis de 50 organizacións do sector humanitario, entre elas a Organización Mundial da Saúde, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, a Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella e Save the Children, publicouse un conto para axudar aos nenos para comprender a pandemia de  COVID 19 e aprender a desenvolverse nesta situación.

Con axuda dunha criatura fantástica, Ario, O meu heroe es ti: Como poden os nenos loitar contra a COVID-19! explica como poden os nenos protexerse a si mesmos, ás súas familias e aos seus amigos do coronavirus e xestionar emocións difíciles cando se enfrontan a esta nova realidade en rápida evolución.