marzo 28, 2024

2 de abril, Día Internacional do libro infantil e xuvenil

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvese a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc. Este ano correspóndelle á sección de Xapón, que difunde a mensaxe da escritora Eiko Kadono (baixo o lema “Surca os mares coas ás da túa imaxinación”), ilustrado por Nana Furiya.

Kadono (Tokyo, 1935) é unha destacada escritora xaponesa que en 2018 gañou o Premio Hans Christian Andersen e ata a data publicou máis de 250 libros, e Furiya (Tokyo, 1961) é unha ilustradora xaponesa afincada en Eslovaquia desde 1992 que gañou o Golden Pen na bienal de Belgrado de 1999 e foi seleccionada nos White Ravens 2021.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS