xuño 28, 2020

Somos os monstros

A partir de 9 anos

Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar ao bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e un monstro pequeno viven nese bosque. Nenos e monstros van atopar. O medo dá paso á curiosidade e comezan a interrogarse. Quen son os nenos e quen os monstros?
Unha historia divertida e profunda sobre o medo ao descoñecido coa que a autora Paula Carballeira obtivo o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018.