marzo 01, 2021

A lectura en voz alta

Consellos para practicar a lectura en voz alta en familia.

  • Escollede libros adecuados para cada idade, tendo en cuenta os gustos e necesidades dos vosos fillos.
  • Antes de abrir o libro, o neno debe comezar lendo o título e o nome do autor e ilustrador, para identificar a obra e fixala na memoria.
  • Recomendámosvos alternar a lectura das páxinas, de maneira que o neno lea unha páxina e vós a seguinte.
  • Animádelle a que practique a súa lectura en voz alta diante de irmáns pequenos, avós, dunha mascota, en días especiais, despois de merendar, antes de durmir…
  • Pedídelle que varíe a entoación en palabras resaltadas no texto cun tamaño maior ou unha cor diferente.
  • Cando realicedes lecturas en grupo, asignade un personaxe da historia a cada un.
  • Gravade un arquivo de audio coa lectura e logo podédela reproducir para que se escoiten e descubran os erros cometidos.