xuño 27, 2020

Libros galegos na Lista de Honra 2019 da OEPLI

A OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) xunto coas súas seccións territoriais: Consejo General de libro (castelán), ClijCat (catalán), Galtzagorri (euskera) e Gálix (galego), e en colaboración co Ministerio de Cultura y Deporte, elaboran todos os anos un catálogo de literatura infantil e xuvenil que contén unha  selección bibliográfica de 200 títulos infantís e xuvenís publicados nese período, obedecendo a criterios de calidade e idoneidade para os tramos de idade en que a miúdo se clasifican as coleccións e que os fai merecedores de formar parte desa lista de honra por consideralos significativos dentro da gran produción existente.

Forman parte desta selección de 2019 os seguintes títulos en galego: 

0-6 anos

O país do gran furado. Xerardo Quintiá . Baía Edicións

O veleiro verde. María Fumaça. Editorial Galaxia

Ola! Son un bicho bóla! Elvira Ribeiro. Apiario

Ratos de viaxe. Oli. Kalandraka 

 

A partir de 6 anos

A que cheiran as cores?A esperada guía para coñecer o cerebro. Juan Casto Rivadulla. Editorial Galaxia

Os nosos bosques. Diego García et alii. Miudiño S. Coop. Galega


A partir de 9 anos

A pequena compaña. Carlos Labraña. Edicións Embora

Bicos e non balas. Antonio García Teijeiro. Editorial Galaxia

Lúa en ningures. Beatriz Maceda Abeleira. Xerais

Noé e gato fan teatro. Gloria Sánchez. Oqueleo

Pioneiras 2.Galegas que abriron camiño. Anaír Rodríguez. Xerais

Somos os monstros. Paula Carballeira. Xerais