Axudantes da biblioteca

Os axudantes de biblioteca son alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria que voluntariamente se ofrecen para esta función.

As súa misión é colaborar cos mestres e mestras responsables da biblioteca en horario de recreo na xestión e organización da biblioteca sempre baixo a tutela da persoa encargada do préstamo. Tamén actuarán como monitores do resto de alumnos.


Tarefas a realizar:

  • Axudar na procura de material sobre un determinado tema cando un profesor ou alumno o requira.
  • Manter ordenados os libros e colocar no seu lugar as novidades da biblioteca.
  • Colaborar no expurgo de fondos rotos ou en mal estado e na súa restauración cando sexa posible.
  • Colaborar na celebración de determinadas conmemoracións na que participa a biblioteca.
  • Colaborar na decoración da biblioteca.
  • Encargarse de realizar as devolucións dos exemplares ao seu andel de libros procedentes de proxectos ou exposicións.