febreiro 11, 2021

Camiño de Santiago

Parece ser que o Santo dos Croques e un par de figuras do Pótico da Gloria da catedral de Compostela decidiron facer o camiño de Santiago como calquera outro peregrino.

Un libro cheo de humor e imaxinación.

febreiro 03, 2021

Recomendación lectora

Mortiña é unha nena, pero non é como as demáis, é unha nena zombi.

Acompañaa nas súas divertidas aventuras.

Leopoldo, o pequeno monstro

Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase; sempre está a aguantar as burlas dos seus compañeiros e por iso non lle gusta nada ir ao colexio.

Pero un día, o seu tío Evaristo consegue que Leopoldo cambie de opinión... E se ser tan pequeno fose unha vantaxe?

febreiro 01, 2021

Astérix. O Menhir de Ouro

A nova historia de Astérix é obra dos seus creadores orixinais, Albert Uderzo e René Goscinny. Esto chama especialmente a atención aos amantes do cómic, pois ambos están falecidos.
Como é posible entón?
O Menhir de Ouro foi concibido no seu momento como un audiolibro. De feito, en 1967 chegou a ser publicado nun disco de 33 polgadas.
Doutra banda, este novo libro ten outro valor engadido pois sería a última participación de Uderzo na saga.  

 

Recomendación lectora

Dúas nenas enfréntanse a momentos moi difíciles nas súas vidas pero son quen de superalas.