outubro 22, 2021

24 de outubro, Día das Bibliotecas, de todas as bibliotecas.

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.

A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."

outubro 14, 2021

Volver a reconectar

La fuente escondida é un conto para reencontrarnos a nós mesmos e así, poder estar mellor tamén cos demais.

Un conto que fala do  luegar de onde sae a conexión cun/a mesmo/a, da esencia de quen son. Conectar co noso ser é paso imprescindible para poder ser máis felices e vivir unha vida máis plena e consciente.

Os vínculos que nos unen

El hilo invisible é un conto ilustrado especialmente indicado para traballar o tema da separación, xa sexa por inicio escolar, xa sexa por se nos toca vivir algunha morte próxima, ou se  hai que abordar a morriña.

Diario de Greg

Nesta edición atoparás o texto completo en inglés con anotacións para axudar á lectura e un glosario inglés-español. 

Unha boa oportunidade para que comeces a ler en inglés co Diario de Greg.