xaneiro 20, 2021

Para saber máis

Un comic de contidos científicos sobre os virus e as vacinas.

Pandemias responde as nosas preguntas cunha viaxe no tempo cara aos primeiros momentos da nosa loita contra as enfermidades máis temibles, desde a peste ata a gripe ou a covid-19.

Unha humilde muller acabou por se converter no elo imprescindible dunha xesta que supuxo un punto de inflexión na historia da medicina, dunha viaxe que mudou o mundo tal e como se coñecía ata entón.

xaneiro 12, 2021

Asterix

Para os apaixonados do comic ..... Asterix e os normandos.

El bosque de los cuentos

El Bosque de los Cuentos é un lugar máxico e especial onde os personaxes clásicos viven novas e divertidísimas aventuras.

El Lobo Feroz,  Ricitos de Oro, e Gato con Botas, darannos a súa particular versión dos contos clásicos, as cousas cambiaron ultimamente, os personaxes dos contos están máis despistados que nunca.

Ademais o libro incorpora as receitas de Lobito Feroz (sobriño de Lobo Feroz).

Superheroes!

Quen non ten unha superavoa ou un superavó? Invitámoshe a que os coñezas.

Estes son dous libros cheos de tenrura e de humor. Unha homenaxe ás avoas e ós avós.