abril 21, 2021

Ampliación das políticas de préstamo en GaliciaLe

 


Os cambios nas políticas de préstamo de GaliciaLe implican unha ampliación no número de préstamos en ambos catálogos (así como no de reservas en eBiblio Galicia):

 

Catálogo en castelán (eBiblio Galicia)

Libros: ata 3 préstamos, 21 días, ata 2 reservas (prazo para facer efectiva una reserva dispoñible para o préstamo, 48 horas)

Audiolibros: ata 2 préstamos, 21 días, ata 2 reservas (prazo para facer efectiva una reserva dispoñible para o préstamo, 48 horas)

 

Catálogo galego

Libros: ata 3 préstamos, 21 días (non se precisa facer reserva, como ata agora, porque todos os usos están dispoñibes simultaneamente)

Películas: ata 2 préstamos, 48 horas (non se precisa facer reserva, como ata agora, porque todos os usos están dispoñibes simultaneamente)

Álbum ilustrado

A estraña visita

Este album ilustrado está inspirado nun conto tradicional escocés.

É unha historia terroríficamente divertida, chea de sorpresas nunha noite escura de raios e tormenta na que…

“Unha velliña que soa estaba
sempre desexaba ter compaña
e todas as noites, moi triste e rechumida,
sentaba a fiar, agardando visita.
Ela fiaba e fiaba e agardaba e agardaba,
pero a visita non chegaba.”

Así comeza este conto rimado, no medio do bosque e cun monstro ás portas. Unha historia chea de misterio, moito suspense e terror!… Estrañas amizades, cun sorprendente final.

Álbum ilustrado

O oso Bomozo

Esta é a historia dun oso sen un talento asombroso e co soño glorioso de ser un mozo grandioso. 

Había un problema curioso: ser pouco coidadoso nun lugar prestixioso podía ser desastroso!

Lectura fácil

 Siete vidas

O meu nome é  Petit  Suise 

e teño 6 irmáns moi travesos,

cada un dunha cor diferente. 

Todos nacemos nunha preciosa granxa

cada un tivo unha vida moi distinta.


abril 15, 2021

Unha mente poderosa

 Emilia Pardo Bazán

Con este libro podemos achegarnos a figura polifacética de Emilia Pardo Bazán a través de momentos da súa apaixonante vida. Sorprenderanos a nena curiosa e gran lectora, a muller namorada e independente e a autora de carácter rebelde.

A través da lectura, o estudo e unha capacidade de traballo infinita, conseguiu ser recoñecida no seu tempo sobrepoñéndose, en non poucos momentos, ao desdén de moitos compañeiros e académicos mentres era recoñecida, nacional e internacionalmente, por público e crítica.

Unha de bruxas

A que bruxa non lle gusta voar?
Neste libro poderás coñecer os tipos de bruxas e os seus distintos voos.

O amor incondicional

AMaPOLA

É posible que algo inesperado obrigue a unha nai para elixir. Por moi dura que sexa a situación, por moito perigo que entrañe, unha nai nunca vai abandonar á súa cría. Nunca. Aínda que vaia contra a lei dos elefantes.