maio 27, 2021

Lectura fácil

Un novo título adaptado á lectura fácil chega á nosa biblioteca.

Abdel é un mozo que vive no deserto. 

A súa vida cambia o día en que o seu pai e el deciden emigrar a España. Alén do mar espéralles a promesa dunha vida mellor, pero nada será tan fácil como eles imaxinan. 

maio 18, 2021

Ti es o protagonista

O destino dos Futbolísimos está nas túas mans!

Descobre a nova aventura dos Futbolísimos: «O misterio da máscara de ouro»

Agora os lectores elixen que sucede no novo libro.

O novo libro de Futbolísimos será toda unha sorpresa. Na editorial SM, xunto ao diario deportivo AS, Kimitec e a Fundación Maavi, puxeron en marcha este novo proxecto que permitirá aos lectores votar para elixir que vai suceder en cada capítulo.

Cada venres ás 18:00 h e durante 20 semanas, os lectores poderán acceder ao diario AS ou á web oficial dos Futbolísimos para votar que ocorrerá no capítulo seguinte.


Preme na imaxe para acceder á web.


maio 11, 2021

Premios

Premio El Barco de Vapor 2021: Un bosque en el aire

Beatriz Osés foi a gañadora da 43.ª edición dos Premios SM O Barco de Vapor ao mellor libro de Literatura Infantil.
Un bosque en el aire é unha obra que “reconecta coa natureza a través de historias cheas de imaxinación, con personaxes de distintas xeracións que conviven e crecen xuntos”.