xuño 05, 2026
maio 16, 2026
maio 06, 2026
abril 12, 2026
Día Internacional do libro 2026
O 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro.
Para celebrar este día dunha forma dinámica e creativa, este ano organizamos un Taller de Cómic que dirixirá Alfonso Barreiro, Fon, recoñecido autor e experto en narrativa gráfica.
O cómic é unha linguaxe única que combina a palabra coa imaxe, sendo unha porta de entrada excepcional para os lectores máis novos. A través deste obradoiro, os alumnos non só lerán historias, senón que se converterán nos seus propios autores.
Queremos que este Día do Libro sexa unha experiencia activa, onde os libros deixen de estar nos andeis para cobrar vida nas mans dos nosos alumnos.
marzo 09, 2026
febreiro 06, 2026
xaneiro 26, 2026
decembro 18, 2025
novembro 17, 2025
outubro 24, 2025
outubro 23, 2025
setembro 22, 2025
Abrimos!
A nosa biblioteca abrirá os luns, mércores e venres na hora do recreo.
Poderás ler e facer empréstito e devolución de libros.
Agardámoste.
xuño 20, 2025
Voluntariado
Ao longo deste curso contamos na nosa biblioteca coa participación de alumnado voluntario de 6° de Educación Primaria, a través do programa Voluntariado na Biblioteca Escolar Primaria na categoría A.
Prestaron apoio en diversas tarefas de xestión e organización diaria da biblioteca e participaron en actividades de fomento da lectura.
Traballaron de forma altruísta, ofrecendo o seu tempo e esforzo para mellorar a experiencia lectora dos seus compañeiros, nun ambiente de solidariedade, apoio mutuo e aprendizaxe compartida.


















.jpg)
















