decembro 22, 2021

O xenio da Cidade do Sal

O pasado 15 de decembro asistimos á presentación do libro-disco O xenio da Cidade do Sal.

A súa autora, Fina Casalderrey, estivo acompañada polo ilustrador Xosé Cobas e o músico Luis Soto.

Nesta ocasión a música inspirou esta historia centrada en Mozart e no Camiño de Santiago.


O grupo de música Mozart á galega interpretou fragmentos do disco que acompaña ao libro.

Recomendacións para O Nadal

 

decembro 14, 2021

Gombó, o elefante.

Gombó, coa axuda dos seus amigos, o resto de animais da selva, aprende a superar o medo á escuridade e descobre a aprendizaxe da autonomía e a independencia.

O valor das palabras

Cunha linguaxe comprensible e chea de anécdotas, Fran Alonso cóntanos neste libro inusual cousas sobre a escrita, a literatura ou a lingua e convídanos a reflexionar sobre o superpoder da lectura e a importancia de sentir a chamada das palabras.

 

A importancia de manter unha boa hixiene persoal para evitar contaxios de virus

Pulgarcito e os seus irmáns saen a pasear, cando de súpeto atópanse cun castelo e deciden explorar. Alí vive un ogro que esbirra, tose e ten febre, aínda que non lle falta enerxía para querelos comer. Pero os irmáns, moi astutos, danlle varios consellos hixiénicos antes de achegarse. Logrará o ogro comelos?

decembro 01, 2021

3 de decembro. Día Internacional das Persoas con Discapacidade

A conmemoración anual do Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi proclamada en 1992, mediante a resolución 47/3 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Celebrado o 3 de decembro en todo o mundo, este día mobiliza apoio para cuestións críticas relacionadas coa inclusión de persoas con discapacidade, promove a reflexión sobre cuestións de discapacidade e chama a atención sobre os beneficios dunha sociedade inclusiva e accesible para todos. 

A nosa biblioteca súmase a esta celebración e anímabos a ler algunhas das propostas que seleccionou en colaboración co departamento de Orientación.