febreiro 24, 2022

Pictogramas

Estes textos xa son accesibles con pictogramas para que a frescura e a sabedoría dos contos chegue con toda a súa esencia ás persoas con necesidades de apoio educativo. 

 

As nais son protagonistas

Historias para nenos e maiores; para ler sós —aínda que moito mellor acompañados— e onde diversión e emocións van da man.

As mamás e os papás tamén teñen días moi moi malos e días moi moi bos e ás veces resúltalles complicado explicar como se senten... A veces mamá tiene truenos en la cabeza

Animámoste a mergullarte no mundo de Martiño, o protagonista de Mamá vive en min, que se ten que enfrontar a unha situación moi difícil na súa curta vida. Para afrontala, contará coa axuda das persoas máis próximas a el e que comparten as súas vivencias, pero tamén de compañeiros, amigos, profes…

Mamá, de onde veñen os bebés? —pregunta unha nena. As palabras da súa nai, embarazada, convídannos a descubrir como en todas as culturas as respostas se enchen de símbolos e de poesía.

As avoas, tamén son mamás. Quérennos moito e nos tamén a elas. Bos días, avoa.

Camiño portugués da costa

Aprende xogando ao busca e atopa no Camiño Portugués de Costa!
Personaxes soados, festas tradicionais, ingredientes máxicos da gastronomía galega e mesmo o Apóstolo Santiago escóndense nestas páxinas.