xuño 28, 2020

A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro

A partir de 6 anos

Es capaz de mover cousas coa mente? A que sabe a cor azul? Pareceríanos normal escoitar estas preguntas nunha conversación entre Harry Potter e os seus colegas. Pero Juan Casto Rivadulla Fernández nunca estivo en Hogwarts. É un neurocientífico galego que responde a estas cuestións tan disparatadas mentres nos explica, dun modo divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro.
Queres coñecer as súas respostas?