xuño 05, 2026
outubro 23, 2025
xuño 20, 2025
decembro 20, 2024
decembro 08, 2024
novembro 04, 2024
A banda deseñada
Dende o luns 28 de outubro ata o xoves 28 de novembro os alumnos de 3º, 4º 5º e 6º de Educación Primaria poden desfrutar dos 52 títulos de banda diseñada da "maleta viaxeira".
A presenza da maleta na nosa biblioteca axudaranos a estimular a lectura de cómics e converter a banda deseñada no xénero protagonista durante unha tempada.
outubro 23, 2024
outubro 01, 2024
Maleta viaxeira
Dende o martes 1 ata o 24 de outubro os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria poden desfrutar de 31 títulos de álbum ilustrado da "maleta viaxeira".
As maletas viaxeiras permitennos reforzar e apoiar o fomento da lectura.
marzo 28, 2024
2 de abril, Día Internacional do libro infantil e xuvenil
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvese a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc. Este ano correspóndelle á sección de Xapón, que difunde a mensaxe da escritora Eiko Kadono (baixo o lema “Surca os mares coas ás da túa imaxinación”), ilustrado por Nana Furiya.
Kadono (Tokyo, 1935) é unha destacada escritora xaponesa que en 2018 gañou o Premio Hans Christian Andersen e ata a data publicou máis de 250 libros, e Furiya (Tokyo, 1961) é unha ilustradora xaponesa afincada en Eslovaquia desde 1992 que gañou o Golden Pen na bienal de Belgrado de 1999 e foi seleccionada nos White Ravens 2021.
xaneiro 30, 2024
marzo 03, 2023
As mulleres que nos levaron á Lúa
Neste libro amosámosvos algunhas das mulleres claves no éxito da misión do Apolo XI e na posterior exploración do espazo. Elas calcularon as traxectorias de voo, programaron os primeiros computadores, descubriron o combustible dos foguetes e deseñaron o interior dos transbordadores, entre outras moitas cousas.
Sen elas, hoxe non estariamos falando da próxima misión á Lúa ou de poñer un pé en Marte. Con este libro queremos darlles referentes ás novas xeracións, xa que non se pode querer ser o que non se coñece.
febreiro 23, 2023
Día de Rosalía de Castro
23 do 23 Pío XII con Rosalía
Lendo todo o día
Este ano para conmemorar o “Día de Rosalía de Castro” pensamos nunha celebración activa e extensible a toda a comunidade educativa.
Fixemos unha “Maratón de lectura” da obra da autora na biblioteca do centro.
A difusión da lectura realizámola en streaming a través da canle de youtube de CEIP Pío XII.
Aquí vos deixamos unha mostra do acontecido.
xaneiro 25, 2023
xaneiro 23, 2023
xaneiro 16, 2023
Lectura fácil
Xa podes disfrutar de dous novos libros adaptados ao sistema de Lectura Fácil: un xeito de facer a lectura accesible a diferentes tipos de necesidades específicas de aprendizaxe.
decembro 22, 2022
outubro 14, 2022
Hora de ler
Os alumnos de 3º de Educación Primaria gozaremos coa lectura destes fantásticos libros.
Coñeceremos a Erea, unha nena intuitiva, observadora, enxeñosa, mesmo teimuda e sempre aberta á vivencia de aventuras e por outro lado, Rubicundo, todo enigma e fantasía.
Con Lea, en Patio de Luces, aprenderemos que non sempre as cousas son o que parecen e as primeiras impresións poden ser erróneas.
E con La maravillosa medicina de Jorge viviremos as situacións máis disparatadas.
outubro 13, 2022
Hora de ler
Os alumnos de 4º de Educación Primaria imos disfrutar coa lectura destes tres magníficos libros.
Con No corazón do bosque achegarémonos a un ser moi característico do mundo mítico galego (e tamén do peninsular e europeo) como é o trasno.
Papá canibal é unha historia disparatada, enxeñosa, macabra e tremendamente divertida, na que mesmo poderemos escoller o final!
E con El Superzorro, un superheroe valente, bondadoso, intelixente e... ¡divertido! deixaremos voar a imaxinación.

















































