outubro 02, 2020

A formiga destemida

Presentamos este novo título de María Reimondez.

Unha fábula sobre a ansia de coñecemento e sobre a importancia de afrontar a vida sen prexuízos que nos limiten.

A protagonista é unha formiga curiosa e valente que decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias.

outubro 01, 2020

Los Forasteros del Tiempo 10: La aventura de los Balbuena con los Superninjas

Os  Balbuena e as súas veciñas acaban de aterrar en Xapón, en 1570, e están a piques de vivir en primeira persoa unha aventura que só coñecían polos videoxogos, unha aventura con ninjas de carne e óso: os míticos Súper Ninjas.

Xa na nosa biblioteca.

Vampira de biblioteca

Eleonora é unha vampira que se dedica a papar os insectos que queren roer as páxinas dos libros da biblioteca onde vive.

Atréveste a coñecela?

Na nosa biblioteca poderás ler a súa historia.

Mafalda queda orfa

O debuxante e humorista gráfico Joaquín Salvador Lavado Teixugo, máis coñecido como Quino e creador da emblemática  Mafalda, faleceu este mércores aos 88 anos, 

A primeira historieta de Mafalda publicouse o 29 de setembro de 1964 no semanario 'Primeira Plana' da capital arxentina. Na serie Mafalda, Quino reflectiu o mundo dos adultos visto desde os ollos dun grupo de nenos. As historias de Mafalda traducíronse a quince idiomas e publicáronse en diarios e revistas de todo o mundo. En 1973, Quino deixou de debuxala.

Quino recibiu numerosos premios, entre eles, o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2014.


Día das escritoras

A Biblioteca Nacional de España celebra a quinta edición do Día das Escritoras, unha iniciativa que a BNE organiza en colaboración coa Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias ( FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras ao longo da historia.

Esta quinta edición conta co comisariado da escritora Elvira Lindo, quen elixiu o tema O esforzo cotián das mulleres, en torno ao cal xira a selección dos textos e as autoras.

Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns máis próximo á festividade de Teresa de Xesús, que se conmemora o 15 de outubro.

V edición: el esfuerzo cotidiano de las mujeres