O pasado 15 de decembro asistimos á presentación do libro-disco O xenio da Cidade do Sal.
A súa autora, Fina Casalderrey, estivo acompañada polo ilustrador Xosé Cobas e o músico Luis Soto.
Nesta ocasión a música inspirou esta historia centrada en Mozart e no Camiño de Santiago.
O grupo de música Mozart á galega interpretou fragmentos do disco que acompaña ao libro.