A familia dos Balbino, Lúa, Mal e os seus pais Lena e Lino, están percorrendo as diferentes rutas do Camiño a Santiago de Compostela nos tramos que corresponden a Galicia.
A primeira andaina que fixeron foi o Camiño Francés dende O Cebreiro ata Santiago. Nete percorrido puideron coñecer e descubrir ingrexas, capelas, mosteiros, festas, paisaxes...
Tras a fermosa experiencia do Camiño Francés decidiron facer a Ruta da Prata, na variante do Camiño Sanabrés. Nela ollaron elementos fermosos do noso patrimonio e escoitaron historias e lendas do noso patrimonio inmaterial.
Percorrendo o Camiño Inglés gozaron de historias incribles, lugares fermosos e unha chea de aventuras.