A estraña visita
Este album ilustrado está inspirado nun conto tradicional escocés.
É unha historia terroríficamente divertida, chea de sorpresas nunha noite escura de raios e tormenta na que…
“Unha velliña que soa estaba
sempre desexaba ter compaña
e todas as noites, moi triste e rechumida,
sentaba a fiar, agardando visita.
Ela fiaba e fiaba e agardaba e agardaba,
pero a visita non chegaba.”
Así comeza este conto rimado, no medio do bosque e cun monstro ás portas. Unha historia chea de misterio, moito suspense e terror!… Estrañas amizades, cun sorprendente final.