Consellos para practicar a lectura en voz alta en familia.
- Escollede libros adecuados para cada idade, tendo en cuenta os gustos e necesidades dos vosos fillos.
- Antes de abrir o libro, o neno debe comezar lendo o título e o nome do autor e ilustrador, para identificar a obra e fixala na memoria.
- Recomendámosvos alternar a lectura das páxinas, de maneira que o neno lea unha páxina e vós a seguinte.
- Animádelle a que practique a súa lectura en voz alta diante de irmáns pequenos, avós, dunha mascota, en días especiais, despois de merendar, antes de durmir…
- Pedídelle que varíe a entoación en palabras resaltadas no texto cun tamaño maior ou unha cor diferente.
- Cando realicedes lecturas en grupo, asignade un personaxe da historia a cada un.
- Gravade un arquivo de audio coa lectura e logo podédela reproducir para que se escoiten e descubran os erros cometidos.