marzo 31, 2023

Día Internacional do Libro Infantil 2 de abril

Dende 1967, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen.

Cada ano encoméndase a unha sección nacional a elección do tema do día do libro infantil. No ano 2023 é Grecia; Photini Stephanidi foi o encargado de elaborar o cartel deste ano 2023 en colaboración co escritor Yagalis Iliopoulos, autor da mensaxe en formato poema: Son un libro, leme.

Recomendacións lectoras

marzo 29, 2023

Érica Esmoris

Érika Esmorís é gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015 por Nena e o mar e XI Premio Cidade de Málaga na modalidade narrativa por Patio de Luces, o libro que do que desfrutamos os alumnos de 3º na Hora de ler.
Érica levounos de novo ao patio de luces do edifico onde nada é o que parece; Lea, o seu avó e os veciños foron os protagonistas durante a súa visita.
Como broche final asinounos os libros e aproveitou o momento para falar individualmente con cada un de nós.
Desde aquí so nos queda agradecerlle de corazón o seu paso polo colexio.



           

marzo 03, 2023

As mulleres que nos levaron á Lúa

Seguro que algunha vez oiches o nome de Neil Armstrong comandante da tripulación do Apolo XI. El foi o primeiro ser humano en poñer un pé na Lúa o 21 de xullo de 1969 e acompañábano nesa misión Edwin E. Aldrin Jr. e Michael Collins. Pero probablemente non escoitaches falar das mulleres que fixeron posible este voo e descoñezas as contribucións de Judy Sullivan, Rita Rapp ou Annie Easley, por exemplo.
Neste libro amosámosvos algunhas das mulleres claves no éxito da misión do Apolo XI e na posterior exploración do espazo. Elas calcularon as traxectorias de voo, programaron os primeiros computadores, descubriron o combustible dos foguetes e deseñaron o interior dos transbordadores, entre outras moitas cousas.
Sen elas, hoxe non estariamos falando da próxima misión á Lúa ou de poñer un pé en Marte. Con este libro queremos darlles referentes ás novas xeracións, xa que non se pode querer ser o que non se coñece.

Descárgate o libro


Descárgate a guía de actividades

febreiro 27, 2023

Rosa Aneiros

O luns 27 de febreiro os alumnos de 5º de Educación Primaria recibimos a visita da escritora Rosa Aneiros.

Compartiu con nós como foi o proceso creativo do seu último libro "Catro plumas de dinosauro" e tivemos a oportunidade de coñecer a súa traxectoria como escritora.




febreiro 23, 2023

Día de Rosalía de Castro

23 do 23 Pío XII con Rosalía

Lendo todo o día

Este ano para conmemorar o “Día de Rosalía de Castro” pensamos nunha celebración activa e extensible a toda a comunidade educativa.

Fixemos unha “Maratón de lectura” da obra da autora na biblioteca do centro.

A difusión da lectura realizámola en streaming a través da canle de youtube de CEIP Pío XII.

Aquí vos deixamos unha mostra do acontecido.






xaneiro 26, 2023

Emocións

Vacío é un libro que nos fala da resiliencia, ou a capacidade de sobrepoñerse á adversidade e atoparlle un sentido.