setembro 22, 2025

Voluntariado

 

Abrimos!

A nosa biblioteca abrirá os luns, mércores e venres na hora do recreo.

Poderás ler e facer empréstito e devolución de libros.

Agardámoste.

xuño 20, 2025

Felices vacacións


Voluntariado

Ao longo deste curso contamos na nosa biblioteca coa participación de alumnado voluntario de 6° de Educación Primaria, a través do programa Voluntariado na Biblioteca Escolar Primaria na categoría A.
Prestaron apoio en diversas tarefas de xestión e organización diaria da biblioteca e participaron en actividades de fomento da lectura.
Traballaron de forma altruísta, ofrecendo o seu tempo e esforzo para mellorar a experiencia lectora dos seus compañeiros, nun ambiente de solidariedade, apoio mutuo e aprendizaxe compartida.