abril 09, 2025

Grazas Ledicia

Os alumnos de 2° e 3° de Educación Primaria recibimos a visita da recoñecida escritora Ledicia Costas.

Falounos das súas obras Curriño e Minimortos, respondeu as nosas preguntas sobre o proceso creativo e espertou en nós un gran interese pola lectura e pola creación literaria.

Valoramos moito poder coñecer en persoa á autora das historias que estabamos a ler.



marzo 24, 2025

Día do teatro

O Instituto Internacional do Teatro (ITI) declarou o 27 de marzo como Día Mundial do Teatro para reforzar a importancia deste xénero literario ao que se lle dedica este ano o lema das bibliotecas escolares.

xaneiro 30, 2025

30 de xaneiro. Paz na diversidade. Lecturas Compartidas

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha data que se vén celebrando desde 1964 e que conmemora o falecemento de Mahatma Gandhi.

Co obxectivo de mellorar a lectura e contribuir a desenvolver as relacións interpersoais do alumnado e o achegamento entre grupos de idades diferentes celebraremos este día cunhas "Lecturas compartidas" durante a hora de ler.