febreiro 27, 2023

Rosa Aneiros

O luns 27 de febreiro os alumnos de 5º de Educación Primaria recibimos a visita da escritora Rosa Aneiros.

Compartiu con nós como foi o proceso creativo do seu último libro "Catro plumas de dinosauro" e tivemos a oportunidade de coñecer a súa traxectoria como escritora.




febreiro 23, 2023

Día de Rosalía de Castro

23 do 23 Pío XII con Rosalía

Lendo todo o día

Este ano para conmemorar o “Día de Rosalía de Castro” pensamos nunha celebración activa e extensible a toda a comunidade educativa.

Fixemos unha “Maratón de lectura” da obra da autora na biblioteca do centro.

A difusión da lectura realizámola en streaming a través da canle de youtube de CEIP Pío XII.

Aquí vos deixamos unha mostra do acontecido.






xaneiro 26, 2023

Emocións

Vacío é un libro que nos fala da resiliencia, ou a capacidade de sobrepoñerse á adversidade e atoparlle un sentido.

xaneiro 25, 2023

Emocións

Quen non desexou algunha vez ser invisible?
Quen non desexou algunha vez deixar de selo?

xaneiro 23, 2023

Diversidade

Dous novos contos para toda a familia nos que a sensibilidad é fonte de riqueza e diversidade.



xaneiro 16, 2023

Lectura fácil

Xa podes disfrutar de dous novos libros adaptados ao sistema de Lectura Fácil: un xeito de facer a lectura accesible a diferentes tipos de necesidades específicas de aprendizaxe.