Os alumnos de 2° e 3° de Educación Primaria recibimos a visita da recoñecida escritora Ledicia Costas.
Falounos das súas obras Curriño e Minimortos, respondeu as nosas preguntas sobre o proceso creativo e espertou en nós un gran interese pola lectura e pola creación literaria.
Valoramos moito poder coñecer en persoa á autora das historias que estabamos a ler.




